Moheva nace da creatividade e do compromiso co medio ambiente do equipo de TGM-Toldos Gómez, empresa líder no sector en Galicia. Coa idea de facer a súa actividade máis sostible, as nosas compañeiras e compañeiros empezaron a crear a partir de retallos téxtiles, sobrantes da fabricación de lonas e toldos.
A primeira semente foron bolsos, carteiras e outros complementos de moda. Gustaron moito e a partir de aí chegou todo o demais, un pequeno universo de artigos con valores, feitos con materiais reciclados, chamado Moheva.
Un equipo de persoas que leva moito tempo traballando xuntas e que agora comparte unha nova ilusión, a de abrir camiño cara unha forma de consumo máis sostible, dando unha segunda vida a materiais que ían ser desperdiciados converténdoos en artigos de calidade, útiles, bonitos e para toda a vida (ou case).
Procedente de Arzúa, Galicia. A terra onde naceu Moheva e que tanto alimenta á creatividade de todos e cada un de nós, porque dun xeito ou doutro, todos os nosos deseños levan o selo deste lugar.
















MOHEVA é moda feita con valores, sostible e comprometida co medio ambiente.