Search
Close this search box.

Os nosos principios

Cremos na reciclaxe, nun consumo máis responsable, no desperdicio cero e na filosofía de vida herdada das nosas avoas e avós, que tan ben souberon aproveitalo todo: remendando, arreglando e creando.

Alma sostible

Todos os nosos artigos están fabricados con materiais reciclados. Aproveitamos materiais que ían ser tirados para darlles unha segunda vida e crear novos artigos. Cremos no desperdicio cero.

Produción local

De principio a fin, todos os nosos produtos están elaborados no noso taller de Arzúa, en Galicia. Todos os artigos de Moheva son KM0 porque se elaboran con retallos da nosa marca irmán, TGM-Toldos Gómez. Buscamos ter un impacto positivo no mundo e na economía que nos rodea e na economía da nosa contorna.

Longa vida

Pezas atemporais, de calidade, bonitas e duradeiras. Os nosos produtos están feitos para que teñan unha longa vida, porque pensamos que un consumo máis responsable é posible. Cada artigo elaborámolo un a un, poñendo todo o mimo en cada detalle.

Galicia como inspiración

Esta terra alimenta a nosa creatividade, temos moito que ver co lugar no que estamos, bebemos do que vemos e vivimos cada día. Galicia inspira os nosos deseños e dá nome a moitos dos nosos artigos e coleccións.

Algúns dos nosos produtos máis populares