Descrición
Bolsa estilo compra con asa curta. Mide 50 x 33 x 17 cm. Feita con tecido acrílico e asa de poliéster. Está rotulada co logo Moheva por un lado, e polo outro, poderás engadir a inicial ou nome que desexes, aplicándose en diferentes tipografías, como na imaxe. As tipografías e cores serán iguais (dourado para as letras, e natural para o tecido) e o tamaño do texto personalizado adaptarase segundo a lonxitude. Ideal para ter unha bolsa única, especialmente feita para ti!
Inspiración
Inspirándonos na rutina e no día a día, decidimos crear a bolsa perfecta para a cotiandade, un complemento para levar todo o que precisas nun só lugar e do xeito máis cómodo posible. Buscabamos un complemento básico e moderno, pero cun toque especial, así que ofrecemos a opción de personalizala para que poidas ter unha bolsa única, feita para ti!