Bolsa estilo compra con asa curta. Mide 50 x 33 x 17 cm. Feita con tecido acrílico e asa de poliéster. Logo Moheva sobre tecido de cor natural. Ofrecemos a opción de personalizala, engadindo o nome ou inicial que ti queiras.
Inspirándonos na rutina e no día a día, decidimos crear a bolsa perfecta para a cotiandade, un complemento para levar todo o que precisas nun só lugar e do xeito máis cómodo posible. Buscabamos un complemento básico e moderno, pero cun toque especial, así que ofrecemos a opción de personalizala para que poidas ter unha bolsa única, feita para ti!