Descrición
Bolsa cilíndrica con gran capacidade, resistente e impermeable, perfecta para as túas viaxes de fin de semana. Confeccionada cunhas dimensións de 27 cm de diámetro e 46 cm de altura e cunha cinta regulable de 5 cm, ideal para colgar ao ombro. Está fabricada en tecido acrílico, con sistema de peche superior con ollaos metálicos e unha corda para axustar. Etiqueta Moheva de pel.
Inspiración
En Santiago de Compostela hai moito por coñecer, como o parque de Bonaval. Podes pasear con esta bolsa polas súas zonas verdes situadas entre o Convento de Santo Domingo e o Centro Galego de Arte Contemporánea, un auténtico contraste entre o antigo e o moderno. Isto foi o que nos inspirou ao crear esta bolsa, porque hai uns anos confeccionábase desde TGM-Toldos Gómez como detalle para a clientela e, hoxe en día, está totalmente reinventada e modernizada para a nosa marca Moheva. É ideal para levar de viaxe e coñecer eses recunchos máis descoñecidos que nos regala Galicia.