Descrición
Bolsa multifunción edición limitada. Medidas 46,5 cm x 35 cm. Confeccionada en tecido acrílico especial para toldos, o que aporta unha gran impermeabilidade. Ideal para levar á praia ou á compra debido á súa resistencia. Asa de corda retorcida moi cómoda e funcional. A súa tonalidade en branco e azuis cálidos evoca verán, terraceo e atardeceres.
Inspiración
Carme é o nome da nosa bonita bolsa, pero tamén é a primeira que se confeccionou desde o noso taller en Arzúa. Xunto coa famosísima “Festa do Queixo” na localidade celebramos tamén as Festas do Carme, por iso queríamos facerlles unha homenaxe. Os deseños, que comparten tonos azuis e as asas en corda, evocan ademais a esas mariñeiras e mariñeiros que atravesan os mares, sendo tamén a súa gran patroa. Un traballo moi duro como o material co que están confeccionadas.