Descrición
Maxi bolsa para compras, confeccionada con materiais reciclados de alta calidade e resistencia. As súas medidas son 46,5 cm x 43,5 cm x 16,5 cm. O tecido acrílico co que está confeccionada achégalle durabilidade, resistencia e impermeabilidade. Dispón de peto interior con peche de broche para gardar as cousas máis pequenas, como as chaves ou o móbil. Dispón de asas de cinta por toda a parte dianteira e traseira, dando máis seguridade á nosa compra. Etiqueta central de pel.
Inspiración
Por Matilde Cea Vila, unha das “avoas” de Moheva. Unha loitadora que sacou adiante oito fillos, a casa e a empresa familiar. Unha muller que, como moitas, foi pioneira no reciclaxe, en remendar e dar unha nova vida as cousas, cando non había tantas posibilidades para mercar. Exemplo de sostibilidade e de afouteza, por Matilde, por elas, esta bolsa feita tamén con retallos téxtiles.