Descrición
Bolsa “tote bag” de transporte minimalista e moi versátil de 38 x 35 cm, ideal para levar documentos, libros e obxectos planos como un portátil ou unha tablet. Poderás elixir o seu material de fabricación: PVC ou tecido acrílico; ambos ofrecen unha excelente resistencia á auga, protexendo as túas pertenzas de salpicaduras ou choiva. Equipada con asas de 60 x 3,8 cm, ideais para levar na man ou colgada ao ombro. Etiqueta Moheva de pel.
Inspiración
En orixe, as tote bag eran bolsas de lona utilizadas para transportar o correo, xa que eran moi prácticas pola súa resistencia e capacidade. Por iso, quixemos dedicar este deseño a esas primeiras xeracións de carteiros rurais que levaban o correo por toda a xeografía galega. Ademais, exercían a súa profesión a cabalo, animal moi ligado á nosa empresa grazas á orixe da guarnicionería Hermanos Gómez. En definitiva, Mensaxeira é unha bolsa multifunción, impermeable e cómoda, ideal para levar compras lixeiras, dispositivos electrónicos ou documentos importantes.