Descrición
Bolsa “tote bag” de asa curta, confeccionada en tecido acrílico tinguido masa reciclado, de alta calidade e resistencia. As súas medidas son 50 cm x 50 cm, ideal para compras ou dar un paseo. Asa de cinta poliéster con capacidade para aguantar peso.
Inspiración
A paxarela, tamén chamada bolboreta, é o ser vivo que dá nome a esta colección. Ademais de pola súa fermosura, destacan por ser un símbolo de renacemento e dunha nova vida. Que mellor nome para unhas bolsas feitas con materiais reciclados aos que se lles dá un novo uso para seguir tecendo un mundo máis sostible.