Descrición
Bolsa con gran capacidade, resistente e chea de personalidade para uso diario. Confeccionada cunhas dimensións de 40 x 40 cm en PVC transparente impreso e lona PVC no fol perimetral de 15 cm, o que garante un gran volume de almacenamento e facilidade de limpeza. Dispón de dobre asa: de man con 35 cm de longo e de ombro con 52 cm de longo, ambas de 5 cm de ancho.
Inspiración
Inspirámonos na gran poeta galega que tanto homenaxeaba a nosa lingua, a súa xente e a natureza. A súa fascinación polas flores e plantas é o que nos levou a pensar neste deseño, xa que tiña o costume de recollelas e arquivalas no seu famoso “Herbario Rosalía de Castro. Nasín cando as prantas nasen”. Imaxinamos as flores do deseño da nosa bolsa como esas que prensaba con tanto agarimo. Rosaliana é unha bolsa espazosa, chea de personalidade e vida, cun deseño cómodo para acompañarte no teu día a día.