Descrición
Bolsa multifunción confeccionada con materiais reciclados resistentes e de alta calidade. As súas medidas son 51 cm x 43 cm, ideal para compras ou dar paseos. Acolchada, co exterior de poliéster recuberto de PVC 580 g/m² e forro de tecido acrílico tinguido masa. Asa de cinta poliéster con capacidade para aguantar peso. Decorada cun lazo rematado nos extremos e etiqueta de pel.
Inspiración
Unha vez máis, Galicia como inspiración. En concreto, un dos seus recunchos máis fascinantes, a praia de Teixidelo, a única do mundo formada por area negra non volcánica. Alí, cando nos envolvía esa cor, gozando dese paraíso escondido en Cedeira, naceu esta elegante liña.