Descrición
Bolso de man ou para levar ao ombreiro de 35 x 38 x 20 cm, acolchado e fabricado en tecido acrílico. Contén forro e un peto interior do mesmo material. As cintas en forma de asa miden 50 mm de ancho e 60 cm de longo. Pódese aumentar ou reducir a capacidade do bolso grazas aos seus broches laterais.
Inspiración
Bautizado en honra á vila coruñesa e como homenaxe á súa famosa Alameda. Este fermoso espazo público está construído cunhas baldosas moi características, e o guateado do noso bolso está inspirado na forma en que están distribuídas. O paseo forma parte do corazón do casco histórico do municipio, lugar perfecto para pasear co bolso Noia en calquera das súas cores.