Descrición
Bolso multifunción para pequenas compras ou paseos longos. Mide 31 cm de alto x 51 cm de longo x 28 cm de ancho. Confeccionado con materiais reciclados. PVC 580 g/m² de alta calidade na súa parte exterior, impermeable e de fácil limpeza, acolchado con escuma de 1 cm, forro interior de tecido acrílico tinguido masa, o que lle achega suavidade e un elegante acabado. Pequeno e manexable con peche de cremalleira. Remate en cinta de bebé e etiqueta de pel.
Inspiración
Unha vez máis, Galicia como inspiración. En concreto, un dos seus recunchos máis fascinantes, a praia de Teixidelo, a única do mundo formada por area negra non volcánica. Alí, cando nos envolvía esa cor, gozando dese paraíso escondido en Cedeira, naceu esta elegante liña.