Descrición
Carpeta office para cadernos ou follas tamaño A4 e A5, con gomas para suxeitar bolígrafos, de medidas 25 x 35 cm, acolchada con exterior de poliéster recuberta de PVC 900 g/m² e interior de tecido acrílico tinguido masa. Peche mediante cremalleira e etiqueta de pel Moheva.
Inspiración
Unha vez máis, Galicia como inspiración. En concreto, un dos seus recunchos máis fascinantes, a praia de Teixidelo, a única do mundo formada por area negra non volcánica. Alí, cando nos envolvía esa cor, gozando dese paraíso escondido en Cedeira, naceu esta elegante liña.