Descrición
Bolsa para a praia, para un paseo ou para lucir no día a día. Moi espazosa e cómoda. Mide 30 cm de alto x 47 cm de base e 57 cm de boca. Confeccionada con materiais reciclados, o tecido é acrílico e as asas de pel, para unha maior durabilidade. O seu valor engadido apórtano as argolas de prata e os adornos con flocos en cores. Peche con cremallera para maior seguridade. A etiqueta tamén está feita de pel.
Inspiración
Arelar é o desexo moi forte dunha cousa, algo que se espera con moitas ganas, como esperamos o verán e a primavera, época na que se inspira esta colección. Arelamos xuntarnos, arelamos os días de sol, arelamos camiñar pola area, arelamos esas ceas e noites de terraza… Para acompañarnos en todos eses momentos tan especiais e tan esperados, están pensados os produtos desta colección.