Descrición
Este cesto versátil e funcional é perfecto para calquera ocasión, ademais de ser moi espazoso. Mide 41 cm de alto, 47 cm de base e 57 cm de boca. Aberto para ter máis capacidade. Feito en tecido acrílico, con asas e etiqueta de pel, argolas en prata e adornos con flocos de cores.
Inspiración
Arelar é o desexo moi forte dunha cousa, algo que se espera con moitas ganas, como esperamos o verán e a primavera, época na que se inspira esta colección. Arelamos xuntarnos, arelamos os días de sol, arelamos camiñar pola area, arelamos esas ceas e noites de terraza… Para acompañarnos en todos eses momentos tan especiais e tan esperados, están pensados os produtos desta colección.