Descrición
Estoxo de man. Mide 25cm de alto x 17cm de ancho. O exterior está feito a base de tecido PVC mate de cor negra, con forro interior acrílico. O peche é con cremalleira, para gardar as túas pertenzas sen ter que preocuparte de nada. A etiqueta está elaborada con pel.
Inspiración
O acibeche é unha pedra negra e brillante que, labrada e pulida, é utilizada en xoiaría. O noso estoxo acibeche é negro por fora e prateado por dentro, elegante como unha xoia feita con esta pedra preciosa. Esta colección quere sacar o teu lado máis sofisticado, sempre incluíndo a comodidade e durabilidade que caracteriza os nosos produtos.