Descrición
Estoxo de man. Mide 25 cm de alto x 33 cm de ancho. Confeccionado con materiais reciclados en tecido acrílico. Ideal para un paseo libre de peso e sen asas. Peche con cremalleira, para gardar grandes recordos sen preocupacións. Adornos con flocos de cores que proporcionan un toque especial e distintivo. A etiqueta da marca está elaborada con pel.
Inspiración
Arelar é o desexo moi forte dunha cousa, algo que se espera con moitas ganas, como esperamos o verán e a primavera, época na que se inspira esta colección. Arelamos xuntarnos, arelamos os días de sol, arelamos camiñar pola area, arelamos esas ceas e noites de terraza… Para acompañarnos en todos eses momentos tan especiais e tan esperados, están pensados os produtos desta colección.