Descrición
Carteira multifunción confeccionada con materiais reciclados resistentes e de alta calidade. As súas medidas son 33,5 cm x 24,5 cm x 6,5 cm. Acolchada, co exterior de poliéster recuberto de PVC 580 g/m² e forro de tecido acrílico tinguido masa. Formato rectangular cun fol de 6,5 cm que achega maior capacidade e comodidade á hora de gardar carteiras, lentes, documentos… Peche con dous broches que aportan seguridade. Decorada con etiqueta de pel.
Inspiración
Unha vez máis, Galicia como inspiración. En concreto, un dos seus recunchos máis fascinantes, a praia de Teixidelo, a única do mundo formada por area negra non volcánica. Alí, cando nos envolvía esa cor, gozando dese paraíso escondido en Cedeira, naceu esta elegante liña.