Descrición
Mandil en dúas medidas,76 cm e 84 cm de longo. Confeccionado con materiais reciclados, tecido acrílico tinguido masa, con tratamento de impermeabilización. Elegante e funcional á vez, con peto de pel para utensilios e móbil. Cinta con regulador para suxeición no pescozo. Remates en pel.
Inspiración
Unha homenaxe a ELAS, as mulleres galegas que fixeron desta peza unha icona da nosa cultura. Foi a súa roupa de traballo, o pano co que limpar as caras dos cativos ou a tea coa que protexer a man dunha pota quente. ELAS fixeron universal eses mantelos que agora en Moheva actualizamos cun modelo unisex, que racha con estereotipos.