Descrición
Mochila perfecta para todas as ocasións. Un paseo, para o traballo ou para darlle un toque especial ao teu “outfit”. Medidas 38 x 35 cm. Tecido acrílico con asas e etiqueta de pel. Peto interior e cintas para espalda cómodas e regulables de 5 cm de ancho. Argolas en prata e adornos con flocos de cores que marcan a diferenza. Con cremalleira.
Inspiración
Arelar é o desexo moi forte dunha cousa, algo que se espera con moitas ganas, como esperamos o verán e a primavera, época na que se inspira esta colección. Arelamos xuntarnos, arelamos os días de sol, arelamos camiñar pola area, arelamos esas ceas e noites de terraza… Para acompañarnos en todos eses momentos tan especiais e tan esperados, están pensados os produtos desta colección.