Descrición
Sobre con medidas de 27 cm de alto x 15 cm de ancho. Confeccionado con tecido PVC mate de cor negra, con remate de biés para asegurar unhas esquinas perfectas e duradeiras. Dispón de peche con cremalleira. A etiqueta Moheva é de pel.
Inspiración
O acibeche é unha pedra negra e brillante que, labrada e pulida, é utilizada en xoiaría. O noso sobre acibeche é negro por fora e por dentro, elegante como unha xoia feita con esta pedra preciosa. Esta colección quere sacar o teu lado máis sofisticado, sempre incluíndo a comodidade e durabilidade que caracteriza os nosos produtos.