Descrición
Xogo de mesa realizado en PVC de 3 mm, reciclado de medidas 13 x 13 cm.
Inspiración
O Tangram é un xogo antigo de orixe chinesa que consiste en crear formas de animais, obxectos, persoas, letras e demais a partir de 7 figuras xeométricas: cadrados, paralelogramos e triángulos. Un quebracabezas que mellora o rendemento intelectual de quen o utiliza, sen importar a idade. Pode xogarse de maneira libre ou seguindo as tres regras básicas:
-Utilizar todas as pezas para crear a figura, sen que sobre ningunha.
-Construír sobre unha superficie plana.
-As pezas deben tocarse pero nunca sobrepoñerse.
Atréveste?
Este produto está realizado con restos de fabricación para reducir a xeración de residuos e coidar o planeta. A embalaxe e instrucións están impresas en papel e cartón reciclado.