Descrición
Bolsa “tote bag” fabricada con acrílico, perfecta para acompañar un “outfit” casual, para un paseo, para a praia ou para o que queiras! Medidas 41 cm de largo x 39 cm de ancho. Forro interior tamén en acrílico e peto interno. Asas de pel e cinta de cruzar regulable de 5 cm de ancho con argolas en prata e adornos con flocos de cores. Etiqueta Moheva de pel.
Inspiración
Arelar é o desexo moi forte dunha cousa, algo que se espera con moitas ganas, como esperamos o verán e a primavera, época na que se inspira esta colección. Arelamos xuntarnos, arelamos os días de sol, arelamos camiñar pola area, arelamos esas ceas e noites de terraza… Para acompañarnos en todos eses momentos tan especiais e tan esperados, están pensados os produtos desta colección.