Descrición
Medidas 43 x 44 cm. Bolsa “tote bag” edición limitada, fabricada con acrílico orixinal dun toldo cor gris, neste caso procedente de Oleiros, de aí o seu nome. Asa curta e cinta de cruzar regulable, de 5 cm de ancho, detalles en prata e etiqueta de pel.
Inspiración
Orixe é unha colección de edicións limitadas, series de bolsas únicas confeccionadas con materiais que nunha “vida anterior” foron toldos e que agora locen como estilosas “tote bags”. Neste caso, a orixe desta liña é o modelo de toldo Oleiros.