Descrición
Transportín-bolso para pequenas mascotas. Un deseño único igual que un maxi bolso, para que a túa mascota poida saír a pasear con estilo. Confeccionado con materiais reciclados de alta calidade e resistencia. A súas medidas son 46,5 cm x 43,5 cm x 16,5 cm. Acolchada, en tecido acrílico tinguido masa con parte inferior ríxida para comodidade da mascota e evitar deformacións. Conta cun lateral de reixa para facilitar a respiración e outro con recorte para que asome a súa bonita cabeza. Cinta con mosquetón para suxeitar á correa da mascota e evitar que saia. Asas de cinta e etiqueta de coiro.
Inspiración
Cariño é afección, amizade, tenrura, simpatía… Cariño é o amor e o agarimo que temos a sorte de sentir todas e todos os que temos animais. Cariño é a delicadeza e o querer co que está tecido este bolsiño pensado para transportar mascotas. Cariño é tamén un lugar fermoso de Galicia, do que te namoras con tan só escoitar o seu nome.